A Agrupación Instrutiva de Caamouco e a Asociación de Veciños de Limodre volven unirse polas Letras Galegas. As entidades organizan de xeito conxunto a terceira edición de 'Camiños das Letras', unha ruta de sendeirismo teatralizada que discorre por ambas parroquias e que terá lugar na mañá do vindeiro 19 de maio.
Na ruta poderán participar un total de 80 persoas, divididas en catro grupos de 20, con saídas ás 10:00h, 10:20h, 10:40h e 11:00 da Escola de Limodre. O prezo é de 3 euros (para socios/as da Agrupación ou da AVV de Limodre) e 6 euros para non socios/as. Inclúe punto de avituallamento con bebida e froita e petisco ao final da ruta.
O prazo de inscrición para socios abre o 29 de abril e para o público xeral dende o 6 de maio. En calquera dos casos será a través do 616 74 02 05.
A actividade está protagonizada polos actores e actrices da Tenencia Teatro. Baixo a dirección de Eugenia Sanmartín, representarán textos de autores e autoras galegas ao longo de todo o percorrido.
O percorrido da ruta busca unir nun só os dous territorios, poñendo en valor os seus recursos paisaxísticos e patrimoniais e a literatura galega. Así, as representacións teatrais terán lugar nalgúns dos puntos máis emblemáticos da andaina, creando unha fusión perfecta entre o espazo e contido. Trátase dun percorrido reducida nesta edición a 6 quilómetros con dificultade media-baixa e apto para todos os públicos.
Nesta edición, algúns dos principais reclamos da ruta serán o Alboio de Quinín, na praia de Area Morta ou o parque da Hortiña de Limodre. Outra das novidades será a Estación de Franza, xa en Mugardos. De feito, nesta edición unha pequena parte do percorrido discorrerá por este municipio.
Pequenos e maiores teñen unha cita o domingo 21 de abril na Horta de Quinín. A Agrupación Instrutiva de Caamouco organiza alí a Festa da Horta, un evento educativo e de lecer co que se pretende dar vida á parcela e fomentar a implicación da veciñanza no seu desenvolvemento. A xornada ten un carácter festivo e divulgativo. Todas as actividades son de balde con inscrición previa no 680 16 19 29.
O programa previsto contempla diversas actividades e xogos para toda a familia, para que os nenos e nenas interactúen coa contorna coa axuda dos seus pais ou nais.
A xornada vai arancar ás 11 horas cun obradoiro de 'Hoteis para insectos'. Cada un dos nenos e nenas que participen poderán construír o seu propio aloxamento para bechos, tomando conciencia da súa importancia no medio natural. A segunda proposta son os 'Restaurantes para paxaros', onde a rapazada poderá construír e decorar comedeiros para aves elaborados con materieis reutilizados. Cada neno ou nena poderá levar para a súa casa as súas creacións ao remate da xornada.
Logo dos obradoiros toda a rapazada en grupo participará na xincana 'O tesouro de Quinín', con diferentes probas en equipo para atopar a pista final que nos levará a descubrir o tesouro da nosa horta. 'Os apeiros teñen a resposta', 'A mesa das follas' ou 'Amodo cos amorodos' son algúns dos desafíos que terán que ir superando ata lograr o reto. A Festa rematará cuns petiscos para todas as persoas que asistan e xogo libre para toda a rapazada.
Censo | 705 | ||
Votos Emitidos | 478 | 67,80% Participación | |
Abstención | 227 | 32,20% Abstención | |
Nulos | 3 | ||
En Branco | 3 | ||
Votos a candidaturas | Reconto | % Voto Válido | |
PP | 186 | 39.16% | |
BNG | 178 | 37,47% | |
PSDEG-PSOE | 74 | 15,58% | |
SUMAR GALICIA | 17 | 3,58% | |
VOX | 9 | 1,89% | |
ESCANOS EN BRANCO | 3 | 0,63% | |
PODEMOS GALICIA | 2 | 0,42% | |
PACMA | 2 | 0,42% | |
ECJ | 1 | 0,21% | |
PUM+J | 0 |
Este é o calendario de reservas da Agrupación Instrutiva. Se queres solicitar o uso das nosas instalacións envía un WhatsApp ou chama ao 680 16 19 29.
As actividades e cursos da Agrupación prevalecerán sempre sobre calquera outra.